18-23 OCT   A CORUÑA

Olatz Ovejero

Olatz Ovejero é unha cineasta emerxente navarra. Graduouse en Comunicación Audiovisual (UNAV, 2019) e é mestrada en Teoría e Práctica do Documental Creativo (UAB, 2020) e en Humanidades: Arte, literatura e cultura contemporánea (UOC, 2021). A súa primeira curtametraxe “A cambio de tu vida” (2020), estreada en ZINEBI, foi premiada en Doclisboa, Alcances e Festival de Huesca. Así mesmo, foi seleccionada polo ICAA para o seu espazo 2coo4school, inserido dentro do Short Film Corner do festival de Cannes. A súa seguinte curtametraxe “Hiru bider” foi bolsada cunha residencia internacional polo Centro de Arte Contemporánea Huarte en L’Aquila Reale (Licenza, Roma). Participou en encontros de non ficción e festivais de cine, e publicou artigos feministas. Actualmente está realizando a súa tese doutoral “Genealogías de la invisibilidad. El caso de María Luisa Elío y Mirentxu Loiarte: EN el balcón vacío (1962), Irrintzi (1978), Euskal Emakumeak (1981).