18-23 OCT   A CORUÑA

Mónica Mura

Italia, 26/07/1979


Monica Mura (Italia, 1979). Artista interdisciplinar, performer e artivista. Dottoressa magistrale in D.A.M.S., Discipline dell’Arte, della Musica e dello Spettacolo coa especialidade en Linguaxe Multimedia pola UNITO Turín. En 2002 cursa na Facultade de Xornalismo USC grazas á bolsa Sócrates/Erasmus. Dende entón vive e traballa tendendo Pontes entre España e Italia. É membro da asociación MAV Mulleres nas Artes Visuais, de A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia e forma parte das artistas de Womarts. Participou en actos para promover a visibilidade da muller na produción cultural e en proxectos de loita contra a violencia de xénero, entre os cales cabe resaltas Violencia Zero e Compostela en Negro. Foi seleccionada en convocatorias entre España, Italia, Portugal, Bélxica, Dubai, Ecuador, Arxentina e Costa Rica, recibindo recoñecementos, premios, bolsas e residencias. Grazas ao seu traballo Sas Diosas. Miradas, sa arèntzia mea, foi elixida como artista polo Museo Thyssen-Bornemisza de Madrid para formar parte de Nos+Otras: en Red (2015-2017), un proxecto integrado no programa Educación e Acción social de EducaThysse que recibiu a Mención de Honra no VIII Premio Iberoamericano de Educación e Museos. Levou a cabo as súas accións e expuxo os seus traballos en espazos claves da arte contemporánea e en institucións de prestixio como: Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, ARCO Madrid 2021, JUSTMAD 2022, Sala Alcalá 31, Cáceres Abierto 2021, Museo Vostell Malpartida, CGAC Centro de Arte Contemporáneo de Galicia, Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, Festival C, MAC Museo de Arte Contemporáneo de A Coruña, Museo de Pontevedra, Fundación Luis Seoane, Fundación Eugenio Granell, Sala Dogana-Palazzo Ducale, Palazzo Grillo Génova, XX Bienal De Arte de Cerveira, Museu José Malhoa de Caldas da Raíña, MIA Anywhere Virtual Museum, II Biennale della Fiber Art Sardegna e tomou parte en diferentes performances dirixidas por Esther Ferrer no palacio de Velázquez do Museo Reina Sofía. As súas accións artísticas destacaron por demostrar o impacto social que pode ter a arte na sociedade actual. A Nova Armadura 2020, por exemplo, explora as dificultades que nacen á hora de manter a distancia física interpersoal necesaria para contrarrestar a propagación da Covid-19. O seu traballo (fotografía, paisaxe sonora, vídeo, instalación, arte de acción, digital-art…) foi presentado en festivais, feiras, seminarios e congresos como o III Congreso Internacional Re-Pensar os Museos (Museo Thyssen), FUGAS E INTERFERENCIAS VI Congreso Internacional De Arte De Acción, (CGAC Santiago), CO(M)XÉNERO 4 Contra a desmemoria Seminario Permanente de Comunicación e Xénero (USC), o IV Congreso De Arte De Acción (Bellas Artes UCM), o Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración (RMPL), o OBERTURA Festival de Arte Contemporáneo de Madrid, o Festival Miradas de Mujeres (Museo M.AR.CA.), o Encuentro Internacional de Arte Contemporáneo (ARTSevilla), a V Feria Nacional de Artistas (Cultur3 Club Gijón), o WOS Festival (Cidade da Cultura de Galicia), PLATAFORMA festival de artes performativas e Culturgal 2020 entre outros. Ademais foi publicada en artigos de crítica, libros, teses de investigación e catálogos de Arte, e foi retransmitida en programas especializados como ZigZag de TVG e La aventura del saber. LaBolsa de TVE. Entre as súas exposicións individuais desta E ti que (de quen) vés sendo?, un recorrido multi-sensorial que reflexa a evolución da reflexión sobre memorias, xéneros e identidades dende o paradigma da Interseccionalidade. Dende 2021, ademais, conta coa súa propia Galería Virtual. A súa obra forma parte de coleccións públicas e privadas, entre as que destacan os fondos do Museo Provincial de Lugo e os do Museo de Arte Contemporáneo MAC Fundación Florencio de La Fuente de Huete e o Museo MARATÈ de Isili, Cerdeña, Italia.