18-23 OCT   A CORUÑA

Mon Cano & Iñigo Barrón

España, 13/04/1995

Mon Cano (Madrid, 1996) e Iñigo Barrón (Madrid, 1995) son deseñadores e artistas multidisciplinares. Individual ou colectivamente, o seu traballo céntrase na produción de aparellos que traduzan os conflitos territoriais en experiencias sensoriais vinculadas ao goce. A súa obra ironiza coa materialidade ao tempo que explora novas relacións entre ideoloxía, deseño e paisaxe.

Neste mes de agosto realizaron unha residencia no Tenerife Espacio de Artes (TEA) no marco da exposición Colapso. Recentemente presentaron Spa Profundo no Festival Domingo de La Casa Encendida. Antes presentaron a instalación Azul Subsuelo no CC Las Cigarreras, Cuerpo Gris no festival Gau Zuria 2022, residentes do programa Resistències Consorci de Museus Comunitat Valenciana e parte da exposición dos 35 anos da Mostra de Artes Visuais Injuve en Tabacalera Madrid, entre outros. . Ambos son cofundadores dos colectivos La Cuarta Piel e Martillo Neumático.