18-23 OCT   A CORUÑA

Miguel Dias

Miguel Dias é o director e programador do Festival Internacional de Cine Curtas Vila do Conde. Tamén é director da Axencia Portuguesa de Curtametraxes para a promoción e distribución internacional de curtametraxes portuguesas. Foi produtor e programador no departamento de cine, audiovisual e multimedia de “Oporto 2001, Capital Europea da Cultura”, e do festival “Odisseia Nas Imagens”, no cine Passos Manuel de Porto e na galería de arte cinematográfica Solar en Vila do Conde. Foi responsable de eventos en Estaleiro e Campus, produciu varias curtametraxes e encargouse da programación de varios ciclos de cine en Portugal e no estranxeiro. É fundador do Cineclube Vila do Conde, membro da dirección e responsable da programación dende 1991 ata 1996. Tamén foi membro da dirección da Federación Portuguesa de Cineclubes e membro do xurado de diversos festivais internacionais de cine.