18-23 OCT   A CORUÑA

Marta Filhao

Marta Fialho é unha performer galega. Licenciada en Artes escénicas pola ESAD de Galicia en 2020, con dous Erasmus na ESTAL de Lisboa e na Latvian Academy of Culture de Riga. Ten unha formación multidisciplinar, abarcando o ioga, diversos estilos de danza, escrita creativa, tecidos aéreos e violín. En 2021 fixo un voluntariado europeo na Polinesia francesa, comprendendo o limitada que é a sua perspetiva europeia, o que a levou a estar actualmente realizando un mestrado internacional en Antropoloxía da danza, convivindo con persoas de todos os continentes e comprende a importancia da interculturalidade, a danza e a arte na súa vida.