18-23 OCT   A CORUÑA

Margot Mecca

Margot Mecca é programadora, produtora e investigadora italiana baseada en Barcelona. Dende 2011 traballa no Festival dei Popoli – International Documentary Film Festival. Actualmente é parte do comité de selección (centrándose particularmente en filmes españois e portugueses) e manager de Doc at Work Future Campus, unha iniciativa profesional e de formación para novos cineastas. En 2021 foi invitada a unirse ao comité de selección de Majordocs. Como produtora executiva, foi alumna de Eurodoc e TFL. Traballa como produtora e consultora para documentais e filmes de ficción para diferentes compañías produtoras, especialmente en Italia. O seu primeiro filme como produtora, Mother Lode, de Matteo Tortone, foi estreado no SIC, durante o Festival de Cine de Venecia. Dende 2019 é investigadora post-doutoral no Departamento de Comunicación da Universitat Pompeu Fabra, en Barcelona.