18-23 OCT   A CORUÑA

Maite Redondo Gaztelu

España, 19/11/1989

Maite Redondo [Iruñea, 1989]. Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, realizou un Máster en Teoría e Práctica do Documental Creativo na Universidade Autónoma de Barcelona e Estudos Cinematográficos e Audiovisuais Contemporáneos na Universidade Pompeu Fabra. Desenvolve proxectos multidisciplinares no ámbito das artes plásticas, o cine e a investigación teórica. A súa obra caracterízase por recoller diversas voces ou puntos de vista creando historias corais. Os conceptos de paisaxe e traballo son transversais nos seus proxectos, partindo dunha investigación baseada na teoría crítica, dende perspectivas antirracistas, feministas e ecolóxicas.