18-23 OCT   A CORUÑA

Maider Fernández Iriarte

Euskadi, 14/8/1988

Maider Fernández Iriarte é directora e cineasta. Os seus traballos foron recoñecidos e expostos en numerosos festivais como Mar del Plata, BAFICI, Göteborg, FICXixón ou o festival de Sevilla, entre outros. En 2019 estreou a súa primeira longametraxe documental, “Las Letras de Jordi”, na sección Nuev@s Director@s do Festival de San Sebastián, que recibiu mencións especiais en festivais nacionais e internacionais.