18-23 OCT   A CORUÑA

Lucía Perdiz

Lucía Perdiz (Muiños-Ourense, 1988) Traballa varios anos como técnico de efectos especiais participando en numerosas rodaxes de cine, en producións nacionais e internacionais. Estuda escultura na escola Mestre Mateo (Santiago de Compostela). A partires dese momento comeza a súa carreira como artista participando en concursos e proxectos, como o que a leva a instalación da peza Itinere no parque público de Belvís en Santiago de Compostela. Amplía a súa formación en Reino Unido, afondando na cerámica. Recén graduada de Belas Artes pola facultade de Pontevedra, nas súas obras traballa dende a instalación, a escultura e o vídeo abordando conceptos como o traslado, o conflito e a alteridade.