18-23 OCT   A CORUÑA

Lucía Montero

Lucía Montero Sánchez de las Matas (Salamanca, 1988) é artista e cineasta residente en Donostia. Tras realizar estudos en artes visuais, mudouse a Londres a traballar con Nomad Projects, colaborando con artistas como Marcus Coates, Nathaniel Mellors o Lundhai&Seitl, adquirindo unha ampla experiencia en instalacións site-specifitc e proxectos colaborativos. Paralelamente, foi desenvolvendo a súa práctica artística a nivel individual ata que no 2020 entra a formar parte do posgrao en Creación Cinematográfica da Elías Querejeta Zine Eskola e empeza a realización da súa primeira película. Expuxo en festivais e exposicións como Visions in the Nunnery (Londres), Working Title Festival (Bruselas), The land we live in-The land we left behind (galería Hauser & Wirth. Somerset), Jornadas de Reapropiación (Mexico DF), ArtNit Campos (Illas Baleares), En los límites, el tiempo del cinematógrafo (Fundación La Posta. Valencia), The Day of the Dead Festival (Londres) o femCode (Valencia).