18-23 OCT   A CORUÑA

Lola Medio

Nada en Villaviciosa, Asturias, Lola Medio é unha artista visual cuxos intereses se centran en investigar o concepto de memoria grazas a un arquivo fotográfico familiar. Con estas obras pretende botar unha ollada ao pasado dende unha introspección un tanto melancólica que busca reivindicar a memoria xogando con rostros alleos. Outro dos seus campos de traballo é a investigación dentro da súa propia representación, creando así autorretratos que non fan máis que mostrarnos o desexo que a artista sente de atopar a súa identidade e plasmala.