18-23 OCT   A CORUÑA

Leonardo Jimenez

Atraído polas posibilidades que brindan as novas tecnoloxías, impulsárono a cursar un mestrado en Artes Visuais e Multimedia na Universidade Politécnica de Valencia. Ademais, ten unha Licenciatura en Artes Plásticas e Deseño Gráfico na Universidade Técnica Particular de Loja – Ecuador. En 2020 formou parte do Laboratorio de Pintura 609 (Violenta) e da residencia artística “La casa en el aire” (No Lugar). O seu traballo toma como punto de partida as dinámicas económicas que se desenvolven dentro dos sectores populares, centrando a súa atención en temáticas socioculturais en relación ao capitalismo e ao espazo urbano. Actualmente, a súa práctica enfócase na análise de datos xerados dentro das redes sociais, usando dita información como recurso creativo para desenvolver propostas dentro de aliñacións políticas e económicas, onde executa recursos de robótica, programación e contornos virtuais 3D.