18-23 OCT   A CORUÑA

Laura Tabarés

España, 11/08/1991

Laura Tabarés (León, 1991- Lugo)
Investigadora◡︎productora cultural, artista visual e memera.

A súa práctica desprégase dende diferentes lugares como a narración audiovisual de fábulas dixitais, o intercambio colectivo de intuicións a través de talleres ou o desenvolvemento de proxectos culturais situados. O seu interese gravita en torno á dixitalidade como medio para acceder a outros planos da realidade: desvelar como operan as violencias e especular outras posibilidades políticas. Os seus achegamentos xéranse dende o folclore de internet, a fantasía e a sensibilidade do trauma, atravesando certos temas dende o humor, o confesional, a curación e outras sensorialidades. Os temas que abordan atópanse relacionados coas violencias machistas, os saberes feminizados, as conspiracións feministas, os imaxinarios de intimidade e soñar futuros periféricos.
Actualmente é co-madre do colectivo de produción cultural Ontologías Feministas e co-coordinadora do espazo de investigación, creación artística e produción cultural Leira (Lugo).
Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo en 2013. MA en Fotografía Conceptual e Artística por EFTI. Madrid. MA en Investigación en Arte e Creación pola UCM.
Co-coordinou Espacio PROA de 2015 a 2017. Comisaria con Daniel Mayrit de “UPLOAD/DOWNLOAD” en PHotoESPAÑA en 2017. Co-organizadora do Congreso “Ontologías feministas. Divina y precaria juventud” en 2019. Seleccionada para a residencia FEMTEK 2019 e Ayudas INJUVE para a Creación Joven 2020/2021.

Expuxo proxectos e conferencias audiovisuais en Compás 88 (MEX), INJUVE, Hybrid, DONE (Fotocolectania, LOOP, Cineteca (Matadero) etc. Realizou conferencias en CCCB, Tabakalera, Círculo de Belas Artes, WOS Festival, CCK (ARG) etc. Impartiu talleres en Hangar, MAL, La Casa Encendida, FIEBRE Photobook, Bienal de Pensamiento Bcn, TEA Tenerife, etc. Deu masterclass en FUGA, Máster MAPA(LENS), Universidad de Nebrija, MACA (ESTAM) etc. Realizou publicacións en Bartlebooth, Visual 404 etc.