18-23 OCT   A CORUÑA

Laura Fong

Laura Fong Prosper é unha videoartista e cineasta panameña afincada en Berlín. As súas videoinstalacións e ensaios audiovisuais exploran os límites entre as tecnoloxías analóxicas e dixitais ao tempo que abordan cuestións de pertenza cultural, morriña, desprazamento, identidade, memoria, ascendencia, feminismo e maternidade. Mentres traballa con material de arquivo, fotografías antigas e sintetizadores de vídeo analóxico, realiza a súa propia investigación como recicladora de equipos e medios audiovisuais. É licenciada pola Escola Internacional de Cine e Televisión de San Antonio de los Baños en Cuba (EICTV) e ten un mestrado en New Media Art pola Universidade Bauhaus de Weimar, Alemaña. Tamén participou en programas de intercambio coa Kunsthochschule für Medien (KHM) de Colonia (Alemaña) e coa Universidade Tongji de Shanghai (China). A súa arte estivo exposta en China, Panamá, Alemaña, Costa Rica, Colombia, Estados Unidos, Brasil, Ucraína e Internet.