18-23 OCT   A CORUÑA

Kikol Grau

Nado en Barcelona o 29 de xulio de 1971, Kikol Grau é Graduado en Historia pola Universidade de Barcelona (UB). Iniciou a súa carreira profesional en Barcelona televisión (BTV). No ano 1997 recibiu o premio “Miramar” ao mellor programa de televisión local de produción propia de Catalunya, polo seu programa “Por la kara TV” (Clot TV), realizado xunto a Jorge Rodríguez, Pol Turrents e J.A. Bayona. No ano 2002 recibe unha mención especial no “Festival Zemos98” á televisión más ácida polo seu programa Gabinete de crisis, onde traballaba como guionista e realizador xunto a Félix Pérez-Hita, Arturo Bastón e Andrés Hispano. Con esta serie de programas gañou o “1er Festival Animalario” de Sevilla (2007). Traballou de forma totalmente independente para o programa “Metrópolis” de TVE2 realizando 6 programas sobre a actualidade en diferentes rexións españolas: Madrid, Barcelona, Euskadi, Galiza, Baleares e Andalucía, e dous programas de temática cultural sobre o mundo do cine e a videoarte, “El otro cine” e “Agentes Independientes”.