18-23 OCT   A CORUÑA

Juan López

España, 30/04/1973

Juan López (Ferrol, 1973) é licenciado en Historia da Arte e licenciado en Historia e Ciencias da Música. Entre as súas exposicións atópanse Sons Improbábeis no Auditorio de Galicia (2022), Cruzamentos na arte galega no CGAC (2022), Paisaxes sen título (2017) na Fundación Manolo Paz en Cambados, ES OTRO na fundación DIDAC (2019) e no Centro Torrente Ballester de Ferrol , proxecto do que xorde a Serie Himno, coa que se inaugurou a primera edición do Festival Plataforma en Santiago de Compostela (2020). A súa obra foi seleccionada nos Premios Novos Valores da Deputación de Pontevedra (2013) ou no Premio Internacional de Gráfica Máximo Ramos no Centro Torrente Ballester de Ferrol (2016 e 2018). Participou en talleres artísticos baixo a dirección de Daniel Canogar, Miguel Palma, Manolo Quejido ou Sandra Cinto entre outros. O seu traballo está presente en coleccións como a da Fundación DIDAC, a Fundación CIEC, a Deputación da Coruña ou a Colección CGAC, entre outras.