18-23 OCT   A CORUÑA

Jorge Librero

Jorge Librero Cano (Madrid, 1998). Graduado en Comunicación Audiovisual pola UC3M. Realiza o seu primeiro documental en 2020 sobre identidade LGTB, ademais de participar en varios vídeoclips e curtas, como en Los colores partos (2017) e EpiQUEERean Bodies in Revolt (2021) para a Universidade de Oxford. Complemente a súa formación con cursos de dramaturxia e devising theatre. Forma parte durante o 2022, ademais, do Laboratorio de Creación Arxipélag, no marco da Mostra de Films de Dones, no Centre d’art Santa Mònica. Para afondar no seu interese sobre o cine documental, cursa o Mestrado en Teoría e Práctica do Documental Creativo, onde codirixe o documental sobre creación musical Not yet. Actualmente, hibrida o seu interese polo teatro e o documental para explorar novas vías en ambos campos.