18-23 OCT   A CORUÑA

Isabel Merchante

Isabel Merchante (Madrid, 1999) é artivista visual. Graduada cum laude en Belas Artes e Deseño pola Universidad Francisco de Vitoria, Madrid. En 2020 residiu en París cunha bolsa Erasmus e actualmente é artista residente en LEA (Lab of Experimental Art), Madrid. Entre as súas exposicións individuais atópanse: ‘Harmony’, en Feria de Arte Contemporáneo Marte, Castellón (2022) e ‘Refugio de las luces’ en Biblioteca Xenius, Cercle Catalá, Madrid (2022). Participou en exposicións colectivas tales como ‘Aragon Park’, Madrid (2021); ‘This Space Does Not Exist’, en Matadero, Madrid (2021); ‘Postatlántico’, en Galería Nueva, Madrid e en Galería 12:00, Bogotá (2020); ‘Emerge’, en JustMad, Madrid (2022) e na ‘XIV Bienal de Artes Plásticas Ciudad de Albacete’ (2022). Algúns dos premios e bolsas que recibiu son: Becas Europa XII (2017), Optimus UFV (2021), Primer Premio Versiona Thyssen III con @collective.sisters (2019), X Cátedra Antonio López (2019) y Beca Mecenazgo LEA (2022).