18-23 OCT   A CORUÑA

Inés García

Inés García traballa entre o cine e a arte contemporánea, desenvolvendo instalacións, curtametraxes e longametraxes. A súa práctica explora a creación de espazos-ponte que, a través da representación da natureza, os mitos e a música, propoñen unha viaxe entre o real e o místico, o individual e o colectivo. O seu traballo puido verse recentemente na exposición El Verb Harmònic en La Panera de LLeida e na Filmoteca de Catalunya, sendo a película inaugural do Festival de la Inesperada. Os seus vídeos e películas foron proxectados en festivais como DOCUMENTAMADRID, ZINEBI, Punto de Vista, LOOP, KurzFilm Oberhausen ou Les Rencontres Internationales París / Berlín, o Festival de Videoarte Latino de Nova York, o Festival de Cine de Teherán e o FIVA de Bos Aires.