18-23 OCT   A CORUÑA

Gari Arambarri

Gari Arambarri (Azkoitia, País Vasco, 1997). Vive e traballa en Bilbao. Graduado en Historia da Arte (2019) e no mestrado en Arte contemporáneo tecnolóxico e performativo (2020), ambos na UPV/EHU. Realizou residencias en BilbaoArte, Tabakalera, Intersección LAB e Dinamoa. En 2022 tivo a súa primeira exposición individual no centro cultural Koldo Mitxelena de San Sebastián, foi participante no programa de estudos de JAI en Tabakalera e recibiu unha axuda de produción de artes plásticas do Goberno Vasco.