18-23 OCT   A CORUÑA

Eva Díez

España, 30/04/1982

O traballo de Eva Díez (Vigo, 1982) contén un potente compoñente poético centrado na interpretación da paisaxe como espazo tanto natural como emocional. Expresadas baixo a lente da fotografía ou a imaxe en movemento, as súas propostas despregan unha controlada posta en escena onde a luz, o proceso, a relación co entorno e a súa vinculación coa idea de durabilidade resultan clave. Poboada de simbolismo, a súa obra advirte intereses onde o íntimo se súa en relación ao mundo e remexe polas súas reviravoltas a través dun vocabulario visual contido; de composicións poderosas capaces de suspenderse entre o cotián e o misterio.

A súa obra está presente en colección privadas de España e Portugal e en coleccións públicas como a do CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea ou a Colección Fotográfica do Concello de Vigo. Expuxo en museos, feiras e galerías de arte contemporáneo nacionais e internacionais, destacan mostras recentes como CRUZAMENTOS na arte galega da Colección CGAC (CGAC, 2022) ou o Premio de Fotografía Fundación ENAIRE 2021 (Real Xardín Botánico de Madrid). A súa obra recibiu recoñecementos como o Premio de Fotografía Joven Fundación ENAIRE (2020); o Premio Fundación Pilar Citoler ao novo coleccionista de JustMad Art Fair (2018); o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea (2015) ou o Premio Art Photo Bcn (2015).