18-23 OCT   A CORUÑA

Eugenio Ampudia

España, 16/01/1958

Eugenio Ampudia

Melgar, Valladolid, 1958. Vive e traballa en Madrid.

Actualmente un dos artistas españois máis recoñecidos. O seu traballo multidisciplinar acaba de recibir o Premio AECA ao mellor artista vivo español representado en ARCO18 –que xa obtivo en 2008-, e o Premio ARCO-BEEP, Colección de Arte Electrónico. Tamén en 2008, beca The Delfina Foundation (Londres)

O seu traballo investiga, baixo unha actitude crítica, os procesos artísticos, o artista como xestor de ideas, o papel político dos creadores, o significado da obra de arte, as estratexias que a permiten erixirse, os seus mecanismos de produción, promoción e consumo, a eficacia dos espazos asignados á arte, así como a análise e experiencia de quen os contempla e interpreta.

As súas obras foron expostas a nivel internacional en lugares como ZKM, Karlsruhe, Alemaña; Jordan National Gallery of Fine Arts, Amman, Xordania; Museo Carrillo Gil, México; Boston Center for the Arts, Boston (MA), Estados Unidos; Ayala Museum, Manila, Filipinas; Whitechapel de Londres; A Real Academia de España en Roma; en Bienais como Singapur, A Habana, a Bienal da Fin do Mundo. E forma parte de coleccións como MNCARS, MUSAC, ARTIUM, IVAM, La Caixa, entre outras.