18-23 OCT   A CORUÑA

Emilio Fonseca

Emilio Fonseca Martín (Ourense, 1978) é realizador audiovisual e debuxante. Co-fundador da produtora Walkie Talkie Films (2008), especializada en documental de autor e cine experimental. Traballou facendo vídeos, animacións, ilustracións, páxinas web, visualización de datos, recursos educativos e artigos de investigación, a miúdo sobre temáticas relacionadas co medio ambiente e os conflitos ecosociais. É autor do documental para TVG Queimar o Monte (2012), sobre as causas dos incendios na Galiza. Co-dirixiu xunto a Xiana do Teixeiro os ensaios documentais Somos Plaga e Soy Muro, para a serie de pensamento e arte “Soy Cámara”, do Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (CCCB), e coproduciu e co-dirixiu a serie documental televisiva “Tallers Sonors” (2008-11) para a Xarxa de Televisions Locals de Catalunya. Autor dos cómics Fóra de Mapa, Premio Castelao de Banda Deseñada en 2016, e Verde Invisible, dentro do proxecto da cooperación española Chaco Ra’anga (2016-2018).