18-23 OCT   A CORUÑA

Dora García

Dora García vive e traballa en Oslo. Actualmente, é profesora na Academia Nacional das Artes de Oslo, Noruega. Representou a España na Bienal de Venecia de 2011 e estivo presente de novo na Bienal de Venecia de 2013. Participo una 56ª Exposición Internacional da Arte de Venecia, dOCUMENTA(13) e noutros eventos internacionais como Münster Sculpture Projects en 2007, a Bienal de Sidney 2008 e a Bienal de Sao Paulo 2010. A súa obra é en grande medida performativa e aborda cuestións relacionadas coa comunidade e a individualidade na sociedade contemporánea, explorando o potencial político das posición marxinais, rendindo homenaxe a personaxes excéntricas e antiheroes. Estas personaxes excéntricas foron a miúdo o centro dos seus proxectos cinematográficos, como The Deviant Majority (2010), The Joycean Society (2013) e Segunda Vez (2018).