18-23 OCT   A CORUÑA

Diana Mizrahi

Cineasta, fotógrafa e periodista nada en Bos Aires. Compaxina o traballo na cooperativa audiovisual Drac Màgic coa dirección fotográfica en curtametraxes, videoclips e longametraxes. Formou parte de films como Laberint (Clàudia Mirambell), Les perseides (Alberto Dexeus, Ànnia Gabarró), Una altra recepta per al mateix mal (Col·lectiu Al Dente) ou À procura da estrela (Carlos Martínez-Peñalver). Strana é o seu primeiro proxecto persoal e foi seleccionado en varios festivais e convocatorias, onde destaca o Premio al Mejor Pitch del Majordocs 2021.