18-23 OCT   A CORUÑA

David Fidalgo

David Fidalgo é graduado en Belas Artes pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde realizou o mestrado en Álbum Ilustrado e Animación. O seu traballo artístico céntrase na plástica e a arte audiovisual de animación. Participou en exposicións en museos, feiras e centros de arte, así como en numerosos festivais de cine por todo o mundo en países como México, Brasil, Arxentina, Colombia, Italia, Alemaña, Polonia, Romanía, Francia ou

España. Entre a súa produción figura Cartas a Supermán (2016) e Homomaquia (2019), coas que recibiu varios recoñecementos, entre os que destacan as seleccións en Palm Spring, WEIRD ou Sitges, así como os premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, Premio do Público do Festival de Málaga ou a Nominación aos Premios Goya 2020.