18-23 OCT   A CORUÑA

Daniel Domínguez

Daniel Domínguez Romero (2000) é un artista gaditano emerxente que se atopa terminando o grao de Belas Artes na Universidade de Granada. A traxectoria de Domínguez Romero engloba dende proxectos colaborativos a investigacións artísticas propias. Participou en diversas exposicións colectivas e residencias artísticas. Tamén impartiu conferencias en festivais de arte contemporánea como “Una idea de Paisaje” xunto a Juan Carlos Bracho ou “Civartes” coa Universidade de Xaén. Daniel tocou no campo do curatorial da man do programa “Oficinas” dentro de La Madraza e Casa de Porras, tanto na Oficina CO2 como en Oficina EA. Definiuse como “Creador de achados anti-aburrimento (por e para) a contemplación” e mostras as súas obras a través de procesos e documentación audiovisual. Recentemente tivo lugar a súa primeira exposición individual “Dios nos libre de las aguas mansas, secas” no Espacio Lavadero (Granada) na que se expresa a contemplación a través da sequidade da auga.