18-23 OCT   A CORUÑA

Celia Joglar

“Nada en Xixón (España) no ano 2000, a miña liña de traballo atópase nun punto que une o corpo e a casa, a intimidade e a vida, os porqués da vida cotiá e a época na que vivimos.

Orientado cara a unha visión máis gráfica, nas miñas pezas máis recentes debuxo un mapa baseado na descontextualización persoal, así como no redescubrimento da imaxe e da visión, saturada de tanta sobrecarga visual. Tomando un camiño máis dixital nas futuras obras, estas comparten un nexo entre a arte contemporánea e o deseño gráfico.”