18-23 OCT   A CORUÑA

Carme Nogueira

Carme Nogueira é artista multidisciplinar e investigadora. Traballou sobre os procesos de subxectivación e a función normalizadora dos espazos a través da investigación artística. Mediante dispositivos espaciais e accións no espazo público, adoita implicar a espectadores e colaboradores nas súas propostas. Nesta liña, algúns dos seus proxectos específicos son: Nos Camiños (CGAC, Santiago de Compostela, 2006-2007), Rotterdamweg (Het Wilde Weten, Róterdam, 2009), Porteños (VÄLPARAÍSO INterVENCIONES, Chile 2010), Bewegtcentrum, el centro en desplazamiento (Beca de Artes Plásticas Fundación Botín, 2010-2011), Castillete, retablo minero (MUSAC, León, 2012), Citoyenneté I y II (Montehermoso, Vitoria-Gasteiz, 2012 y Pavillon Vendôme, París, 2014), A propósito de Alvão (Kubikgallery, Oporto, 2017), Vida gallega (CentroCentro, Madrid, 2018), Noticias Ordinarias del Norte (Nuevo Baztán, Madrid, 2018), Pinofranqueado por los niños (Pinofranqueado y Cáceres, 2019) y Tenerife (TEA, Tenerife, 2020). Entre os seus “dispositivos de sala” —concepcións espaciais e museográficas específicas para exposicións— poden destacarse aqueles realizados para as mostras ¡Aquí y ahora! de Erreakzioa-Reacción (Sala Rekalde, Bilbao, 2008), Contenedor de Feminismos (Casa-Museo Emilia Bazán, Coruña y Villagarcía, Bilbao y León 2009-2014), entre outros. É autora do libro La representación como puesta en escena: para una teoría de la mirada (Alfons el Magnanim, Valencia, 2001).