18-23 OCT   A CORUÑA

Carlos Irijalba

España, 5/2/1979

Ante a pregunta “necesita o mundo este obxecto de arte?” a resposta será: non. Guiado polo principio de pertinencia, o traballo de Irijalba intenta actuar de forma sensible ao contexto que ocupa. En proxectos como Skins (2015) ou Pannotia (2016-en curso) utiliza a xeoloxía nunha análise sobre a política da réplica e narrativas capitalocéntricas.

Mediante instalación, fotografía e film (con materiais xa existentes ou técnicas desenvoltas por procesos industriais) rata de reflexionar sobre a construción colectiva do territorio. En proxectos recentes como Muscle memory (2019) ou Half Wet (en curso) reflexiona sobre dinámicas antrópicas e a materia mineral da que provén.

Galardoado coa Bolsa Mondriaan Fonds Bewezen Talent 2022, Sifting Foundation SF 2015 e Marcelino Botin 2007/08 entre outros. Expuxo recentemente en centros internacionais como a Bienal de Shanghai 2021, CAB Art Center Brussels , Guangzhou Triennale 2017, o MUMA en Melbourne, Australia e o Lower Manhattan City Council de Nova York.

A súa obra atópase en coleccións internacionais como a Sammlung Wemhoener Foundation en Alemaña, a Taviloglu Art Collection en Estambul e coleccións nacionais como o Museo Nacional Reina Sofía e o museo Patio Herreriano.