18-23 OCT   A CORUÑA

Carla Andrade

Carla Andrade (Vigo, 1983) é licenciada en Comunicación Audiovisual e realizou un mestrado en “Artist’s Film & Moving Image” na Universidade Goldsmiths de Londres, ademais de estudar Filosofía pola UNED. Levou a cabo residencias artísticas en Islandia, Nepal, Chile, Suecia, República Centro Africana, Barcelona, Bilbao ou París, entre outros. Individualmente, expuxo en centros de arte contemporánea como MAC Gas Natural Fenosa, CDAN, Casa das Artes de Vigo ou Galería Trinta; de forma colectiva, en Museo Guggenheim de Bilbao, MARCO de Vigo, Tabacalera, Caixaforum, La Casa Encendida, Le 104 París, Lux London etc; e en festivais internacionais de cine e fotografía como IFFR, Zinebi, PortoPostDoc, Curtas Vila do Conde, Alchemy Film Festival, Ficunam, PhotoEspaña o Encontros da Imagem… Recibiu premios como Absolut//Collection 2013, Franc Vila Galería Luis Adelantado 2013, Primer Premio Artes Plásticas UCM 2014,  Premio Fotografía SUMMA 2015, Mejor Película Gallega PlayDoc 2022, etc e bolsas de Injuve, BilbaoArte, VEGAP, Agadic ou o Institut Français, entre outros.