18-23 OCT   A CORUÑA

Cabanes Fontao

España, 30/06/1991

Artista plástica, visual e activista. Técnica superior en Artes Aplicadas da Escultura pola EASD Pablo Picasso de A Coruña, graduada en Belas Artes pola UVigo e realizou un mestrado en Investigación e Creación en Arte Contemporánea pola Universidade do País Vasco. Actualmente, atópase realizando Serigrafía artística na EASD Ramón Falcón de Lugo. É membro de A Colectiva, Asociación de Artistas de Galicia e de MAV, Asociación de Mulleres nas Artes Visuais. Dende vai uns anos leva a cabo unha investigación que se centra na contaminación plástica do planeta e todo o que isto implica, traballando con est4e material que recolle nos diversos lugares aos que se despraza, mostrando a realidade de cada sitio inspirándose neles, conectando sempre coa natureza.