18-23 OCT   A CORUÑA

Blanca Rego

Fascinada polo cine desde a infancia, estudou dirección de cine e posteriormente animación dixital. O seu traballo céntrase na relación entre a imaxe e o son, con influencias tanto do cine experimental como da música electrónica. As súas películas foron mostradas en numerosos museos, festivais e centros de arte, entre eles o Centre Pompidou (Francia), o Reina Sofía (España), o ZKM (Alemaña), o Barbican (Reino Unido) e o Exploratorium (EE.UU.).