18-23 OCT   A CORUÑA

Berio Molina

Berio Molina (1979) naceu en A Fonsagrada (Lugo). É licenciado en Belas Artes no ano 2003. Ten o título de Máster en Artes Dixitais (2005) pola Universitat Pompeu Fabra e o Máster en Computer Graphic Design (2009) polo R.I.T. de Nova York. Dende o comezo interesouse pola creación colectiva sendo membro do grupo de performances Flexo, do colectivo de estudos aurais escoitar.org e do colectivo de arte e acción libre alg-a. En 2019 estra a súa primeira longametraxe 7 limbos na Mostra de Cinema Periférico (S8), gañadora do premio á mellor dirección de obra experimental no IV Premios Crea, coa que viaxa por varios festivais internacionais como o Istambul International Experimental Film Festival (IIEFF), o Festival Internacional de Cine experimental de México (CODEC), ou o Festival Internacional de Cine Márgenes. No 2016 estrea a curtametraxe Campo no FIVA de Arxentina, galardoado co 3º premio do festival. En 2021 estrea a curtometraxe Radio Cu Cu no Festival Internacional de Cine Curtocircuíto. Logra seleccións en festivais como FIVA de Arxentina e World Cinema Carnival en Calcuta. En 2018 realiza a post-produción de audio da película La Estrella Errante de Alberto Gracia. Actualmente compaxina a tarefa investigadora no programa de doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporáneo da UVigo co traballo como cineasta e artista. O seu libro Setras, que nace no contexto de investigación da súa tese sobre a linguaxe sonora, recibe o Premio especial do xurado no Puchi Award (2017) outorgado por La Casa Encendida e a editorial Fulgencio Pimentel.