18-23 OCT   A CORUÑA

Andrés Sanjurjo

Andrés Sanjurjo gradúase en Comunicación Audiovisual e continua os seus estudos co Máster Documental de Creación e o Máster Universitario en Estudos de Cinema e Audiovisual Contemporáneos ambos na Universitat Pompeu Fabra. Realizou obradoiros con cineastas como Abbas Kiarostami, Víctor Erice, Jodie Mack ou Boris Lehman e críticos como Jonathan Rosembaum e Roger Koza. E traballou como Xefe de Produción en ‘Matadero’ (2022) dirixida por Santiago Fillol, foi Segundo Axudante de Dirección en ‘O Que Arde’ (2019) de Óliver Laxe, e primeiro axudante de direción en “Á Procura da estrela” de Carlos Mártinez-Peñalver. En 2019 funda a súa propia produtora, Acariño Films, para autoproducir a súa primeira longametraxe, ‘Alén Mar’. Co desexo de compartir a súa experiencia con autoras emerxentes, coproduce con Raúl Capdevila ‘Los saldos’ (2022). 

Actualmente está desenvolvendo a súa segunda longametraxe, ‘Esmola’, e os novos traballos de Raúl Capdevila, ‘Grisgrís’ e de Álvaro Chior, ‘Proto’.