18-23 OCT   A CORUÑA

Amaia Bargallo

Graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Mondragón. Formou parte do xurado xuvenil do Festival de Cine de San Sebastián na edición 67 e como voluntaria no Departamento de Kit e Web na 68. Participou como actriz na curtametraxe “Entsalada” (2020) que foi premiada en Huhezinema, festival ao que posteriormente se sumaría para organizar a súa XIII edición. Tamén formou parte do equipo de atrezzo e arte na curtametraxe “Mirokutana” do director Ander Iriarte.