18-23 OCT   A CORUÑA

Alejandro López Mera

“Alejandro López Mera (Málaga, 1996). Gradúase en Belas Artes pola Universidade de Gradana e a Akademia Sztuk Pięknych im. Jana Matejki de Cracovia en 2018. Ese mesmo ano, e ata 2019, inicia os estudos de Mestrado en Investigación e Creación en Arte pola Universidade do País Vasco, onde empeza a xestar o seu interese polas formas textuais e as súas calidades como imaxe. Actualmente, continúa a súa investigación dentro do Programa de Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea da Universidade de Vigo.

Durante os próximos meses, participará na publicación do Anuario/Obra ErrorEsBien #1 (Universidade de Vigo), así como na VII Academia de Fachada Media no Centro de Arte e Tecnoloxía Etopia (Zaragoza)

Presentou o seu traballo en festivais (III Festival Internacional de Performances Mínimas Urbanas (e Rurais) en Vídeo, 2022; Novos Cinemas 06, 2021), ciclos de conferencias (Facultade de Forestais UVigo, 2021; Museo Artium, 2020; Fundación BilbaoArte, 2020) e exposicións colectivas (VII Academia Fachada Media, 2022; ArteShop, 2019). Así mesmo, colaborou como xurado no Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, Novos Cinemas 06 (2021) e no concurso europeo de fotografía CICERO Photo Contest (2021).”