18-23 OCT   A CORUÑA

Alberto Ardid

Galicia, 30/07/1986

Artista plástico e visual. Traballa elaborando pezas sen adscrición disciplinar que se poden situar entre a percepción e a materia, enfrontando elementos moi diferentes entre si e que a súa vez poidan representar ideas contrapostas. Para elo, adoita empregar materiais de construción e referencias visuais que, ao misturarse e descontextualizarse, xeran moitos significados e grandes contrastes, con alusións á historia e á cultura de masas, así como á propia arte contemporánea.

Mostrou a súa obra en numerosas exposicións colectivas dentro e fóra das nosas fronteiras e realizou dúas exposicións individuais: GRAVIDADE (Espazo Cubo, Vigo 2019) e 00:00 (Apo’strophe, Vigo 2020), conta no seu haber co Premio Plástika 2019, o Premio Adquisición Isaac Díaz Pardo da Deputación da Coruña de 2021, o segundo premio do XVI Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense e o Premio Bolsa de estudos da Bienal de Arte no Morrazo 2022.

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona (2010), cun Máster en Profesorado na especialidade de Debuxo pola Universidade de Vigo (2013). Actualmente reside e traballa en Vigo, compaxinando o seu traballo artístico coa docencia de plástica nunha escola de educación especial (Fundación Igual Arte), o deseño gráfico, a maquetación de libros e a experimentación audiovisual.