18-23 OCT   A CORUÑA

Alba Villar

España, 23/05/1992

Alba Villar (Cedeira, 1992) Directora de escena, guionista e documentalista. Titulada superior na especialidade de dirección escénica e dramaturxia pola ESADg. Conta con dúas obras teatrais de creación propias Paradies 1933 e Azul Nonmesquezas. Amplía a súa formación co Máster en Guion Cinematográfico e Series de TV da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, o curso de Realización de cinema documental na Escola Lens de artes visuais de Madrid ou o Seminario Visións do cinema experimental con P. Adams Sitney no Museo Reina Sofía, entre outros. Traballou na dirección e montaxe de pezas teatrais radiofónicas para o programa “A pegada do eco”, como axudante de dirección na compañía de teatro @mandaubicación coa obra #aboutlastnight de Olivia Delcan producida por Bella Batalla, como auxiliar de produción en set na curtametraxe Canibalismo de Diego R. Aballe, unha coprodución de Coven films e Méjico.tv ou como asesora de dirección e creadora audiovisual para a obra Nico/Icon de Sandra Arpa. Conta con tres premios Xuventudecrea na especialidade de videocreación con Alborada en 2017, Sedimento en 2018 estreada en Cineteca de Madrid e Quebec Delta en 2021. En Outubro do 2022 dirixe e fai a dramaturxia, xunto coa compañía galega de teatro físico Mevadeus, a obra Outrora Nós estreada no Auditorio do Concello de Vigo. Na actualidade, atópase desenvolvendo diversos proxectos teatrais e audiovisuais tanto persoais como en colaboración con otrxs creadorxs.