18-23 OCT   A CORUÑA

Alba Matilla

España, 29/11/1998

Alba Matilla (1998, Avilés) estuda o Grao en Belas Artes na Universidade de Vigo e reside en Pontevedra durante varios anos. Tras realizar un programa de prácticas en Xestión Cultural en Francia, cursa o Mestrado de Investigación e Creación en Arte na UPV/EHU, onde actualmente segue a desenvolver o seu Traballo Final de Mestrado sobre a paisaxe virtual.