18-23 OCT   A CORUÑA

Alba González

Graduada en Comunicación Audiovisual (Universidade de Mondragón), Alba González foi axudante de dirección e guión da curtametraxe “TUa” (2018), premiada no festival de curtametraxes Huhezinema, festival no que formou parte do equipo organizador na súa XIII edición. Asistente de produción na webserie “IXA” (2019). Dende novembro (2021) forma parte do grupo de experimentación 2deo de Tabakalera. Formou parte do xurado xuvenil do Festival de Cine de San Sebastián nas edicións 67 e 68 e formou parte do equipo organizador do premio xuvenil nas edicións 69 e 70. Actualmente, está no programa Aukera da asociación Hemen coa preprodución da curtametraxe Comando Marmitaco.