18-23 OCT   A CORUÑA

Aitzol Zubizarreta

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Mondragón, Aitzol Zubizarreta é estudante da especialidade de Dirección de Cine na Escola de Cine do País Vasco/Euskal Herriko Zinema Eskola. Deseñou o cartel gañador da duodécima edición do festival de curtametraxes Huhezinema e, posteriormente, formou parte do equipo organizador do festival na súa décimo terceira edición. Dirixiu a curtametraxe “Berria bezala” (2019) e participou en varias curtametraxes como axudante e axudante de dirección.