18-23 OCT   A CORUÑA

Iban del Campo

Descubriu o cinema grazas a unha bolsa Erasmus que o levou a estudar a París. Tras cursar o Mestrado en Documental Creativo na Pompeu Fabra de Barcelona, ​​regresou a Donostia, onde fundou a produtora Limbus Filmak. Dirixiu e produciu varias curtametraxes e recibiu premios en festivais de cine nacionais e internacionais. Desde 2008 é profesor da titulación de Comunicación Audiovisual da Universidade de Mondragón e impulsor e coordinador do festival de curtametraxes vascas Huhezinema. A súa primeira longametraxe, Glittering Misfits (2019), estreouse no Festival de San Sebastián, onde recibiu unha mención especial do Premio Irizar de Cine Vasco.