18-23 OCT   A CORUÑA

AulaCREA

Masterclass: Daniel Blaukfus

Daniel Blaufuks

Daniel Blaufuks traballou sobre a relación entre a memoria pública e a privada, unha das cuestións constantes no seu traballo como artista visual. Expuxo de forma ampla en museos, galerías privadas e festivais e traballa principalmente en fotografía e vídeo, presentando a súa obra a través de libros, instalacións e películas. É doutorado pola Universidade de Gales, onde escribiu sobre a fotografía e o cine en relación coa obra de W.G. Sebald e Georges Perec, e en relación coa memoria e o Holocausto. Ten unha ampla experiencia coma docente, foi un dos cofundadores de Maumaus en Lisboa e ensinou en ARCO, Lisboa, Atelier de Lisboa, Escola de Belas Artes e Universidade Católica de Lisboa. Impartiu clases maxistrais na Universidade de Gales, a Universidade de Minneapolis, o Holyhoke College e o Smith College de Massachusetts, a Universidade Nova de Lisboa e a Universidade París 8, entre outras.