Presentacións de libros

Presentacións de libros

INTERSECCIÓN presenta, en colaboración coa editorial Estraperlo, o libro Extraction: The Raft of the Medusa, da artista e directora Salomé Lamas, e o libro Miradas Cruzadas. Unha mirada ao audiovisual gallego contemporáneo da redactora, comisaria e investigadora Sara Donoso.

Miradas cruzadas. Pintura e paisaxe no audiovisual galego contemporáneo

Sara Donoso

A redactora, comisaria e investigadora cultural Sara Donoso, presentará o seu libro Miradas cruzadas. Unha mirada ao audiovisual galego contemporáneo en Intersección, publicado pola editorial Estraperlo, que explora a intensa relación entre a arte e o mundo audiovisual no marco do Novo Cinema Galego, e no que participan autores coma Carla Andrade, Oliver Laxe, Lois Patiño ou Alberte Pagán entre outros, ofrecendo unha colección de conversacións, comentarios e comparativas que abren a porta a un mundo verdadeiramente rico e complexo. A  presentación contará con varios dos artistas entrevistados no libro, xunto a Sara Donoso, a autora, e Enrique Lista, o editor.

Extraction: The Raft of the Medusa

Salomé Lamas

Intersección publica, en colaboración coa editorial Estraperlo, o libro Extraction: The Raft of the Medusa, coma parte dun proxecto que abrangue diferentes disciplinas artísticas, e no que a multipremiada artista Salomé Lamas realiza unha intensa reflexión social, ético-político e medioambiental en torno ás migracións humanas, ao poder colonial e poscolonial e ao cambio climático. Todo isto é entretecido nun texto que se nutre en incontables referencias a pensamentos estéticos e filosóficos, confluíndo nunha obra profunda, sensible e comprometida.  Na presentación participará a autora, Salomé Lamas, e Enrique Lista, o editor.