Performances

Performances

A actuacións sonoras serán performance en directo que trascenden o xénero musical, empregando diferentes elementos para levar a cabo unha experimentación formal co son e a música, e xerando unha experiencia participativa e envolvente.

Artur M Puga - performance

Artur M. Puga

Performance

O artista levará a cabo un set inédito no que mesturará tapices de carácter ambiental e segmentos ruidistas de experimentación sonora con cortes industriais, xurdidos da combinación en directo de síntese modular, novas tecnoloxías dixitais e gravacións de campo da cidade da Coruña realizadas polo propio artista.

Xoansinho DJ

Performance

Xoansinho DJ actuará en dúas sesións que consistirán en sets de indie con referencias a clásicos da música, sobre todo da década dos 80, con rupturas inesperadas, mesturando sons tan diversos coma The Pixies, Sonic Youth, Dinosaur Jr., Los Planetas, The Beatles, Mecano, OMD, The Cure, David Bowie, Talking Heads, Harry Nilsson y A Pantoja.