Mesa Proxecta

Modelos de financiamento de eventos culturais

Mesa Proxecta

Modelos de financiamento de eventos culturais

Nesta mesa sectorial organizada en colaboración con Proxecta – Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, as tres participantes, Raquel Anido, Miguel Dias e Irena Jelić, compartirán experiencias de organización e de financiamento de eventos culturais, compartindo experiencias de modelos privados, públicos e híbridos.

Interseccion - logo proxecta
Interseccion - Raquel Anido

Raquel Anido

Raquel Anido é doutora en Estudios Hispánicos pola Johns Hopkins University e Licenciada en Dereito pola Universitat de Barcelona. Obtivo becas e estancias de estudos na Università degli Studi di Catania, a Boston University e a Cornell University. Actualmente é Profesora Titular de Estudos Hispánicos na Clemson University, EEUU. En Clemson tamén impulsou a creación do programa “World Cinema”, co cal segue vinculada. Colabora coa Universidad Internacional de la Rioja (UNIR) como directora de traballos de fin de estudos no “Máster Universitario de Derechos Humanos: Sistemas de Protección”. En 2018 publicou o seu libro “El pasado en solfa: La música literaria en la España Contemporánea” (Barcelona: Anthropos, 2018). Tanto a súa labor investigadora como docente atópanse na intersección entre a cultura e os dereitos humanos.

Interseccion - Irena Jelić

Irena Jelić

Irena naceu e medrou en Zagreb, Croacia (1977). Licenciada en Historia da Arte e lingua española, construíu a súa carreira en axencias de marketing como redactora e directora creativa, e nos últimos dez anos dedicouse ao cine. deseñou e implementou máis de 100 campañas de relacións públicas para películas croatas e estranxeiras, multicines Blitz-CineStar e canais de televisión CineStar. Desde 2017, Irena traballa para o Centro Audiovisual Croata (HAVC).  É xefa do Departamento de Festivais e Promoción de HAVC e representante de Croacia na European Film Promotion.

Interseccion - Miguel Dias

Miguel Dias

No 1993 fundou Curtas Vila do Conde – Festival Internacional de Cine, onde actualmente é director e programador. É director de Agência – Axencia Portuguesa de Curtametraxes, para a promoción, venta e distribución internacional de curtametraxes portuguesas. No 2005, fundou Solar – Cinematic Art Gallery. É produtor de varias curtametraxes e comisario de curtametraxes, retrospectivas e eventos cinematográficos de cinema contemporáneo portugués, ademais de programador do Día da Curtametraxe en Portugal ou produtor no departamento de cine de Porto 2001 – Capital Europea de la Cultura, incluída a produción de películas e o lanzamento del festival internacional de documentales y nuevos medios Odisseia Nas Imagens.