Mesa colectiva

Mesa Colectiva

A Colectiva, asociación profesional de artistas de Galicia, nace coa vontade de dar unha voz colectiva á comunidade contemporánea de artistas nados e nadas en Galicia ou que desenvolven a súa actividade neste territorio. No noso traballo de promover o tecido profesional, analizar o sistema produtivo ou xerar coñecemento específico para o sector artístico e cultural, colaboramos con INTERSECCIÓN, de forma que na mesa redonda desta edición falarase de modelos e políticas de apoio á creación  da arte audiovisual para contrastar e identificar problemas, e buscar mellores camiños para que a arte audiovisual galega prospere e se consolide. A mesa contará coa presencia e participación do director e realizador de vídeo Juan Lesta coma moderador, coa comisaria e galerista Chus Villar, co programador, escritor e historiador de arte Jaime Pena e coa profesora, directora e artista Olaia Sendón.

Juan Lesta (Moderador)

Bio

Director-realizador de vídeo está especializado na creación de pezas de vídeo experimental e a súa integración nos novos medios. Traballa no campo da videocreación e na súa relación coa expresión musical: videodanza, vídeo musical…

A nivel profesional co-dirixiu, dirixiu e produciu videoclips para artistas españois coma Fangoria, Astrud, La buena vida, Barcelona 82… obtendo diversos premios e seleccións en festivais nacionais e internacionais. Ten dirixido diversos proxectos interactivos online e offline, ademais de documentais, vídeos institucionais, publicidade e gran variedade de formatos híbridos, transmedia e experimentais. Dende 2002 é  docente de materias de posprodución audiovisual en centros de deseño ou institucións culturais coma MACBA, CGAC, ELISAVA, Escola BAU, ESDI…

Dirixiu a posprodución e imaxe gráfica de numerosos proxectos audiovisuais de diversos formatos, entre os que se inclúen videoclips, documentais, pezas experimentais, espectáculos de live cinema, curtametraxes, etc. sendo os máis recentes as longametraxes documentais Versogramas e Contra os Elementos, ou o desenvolvemento da imaxe audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela.

Algunhas das súas pezas forman parte de coleccións coma a de Artium, CGAC, Deputación da Coruña, e foron expostas por institucións coma o Centre Pompidou Metz, La Capella (Barcelona), CGAC, Fundación Luís Seoane, Sala Muncunill Terrassa…

Chus Villar

Bio

Chus Villar Iglesias, desenvolveu a maior parte da súa traxectoria profesional na Galería Trinta de Santiago de Compostela dende 2002 ata 2016, exercendo os postos de asistente, encargada xeral e finalmente directora. Durante eses anos, participa na programación, xestión e organización de máis de cen exposicións de artistas de traxectoria internacional, entre moitos outros, sendo responsable na etapa de directora da programación expositiva e da incorporación de diversos creadores á nómina dos artistas da galería, ademais de participar con Trinta en moitos outros proxectos, charlas, feiras, etc.

En comisariado destacar o seu traballo coma co-comisaria xunto co escritor Juan Bonilla da primeira exposición retrospectiva da obra fotográfica de Baldomero Pestana (1917- 2015): “Baldomero Pestana. La verdad entre las manos”, que foi inaugurada en febreiro de 2018 no Instituto Cervantes de Madrid e exposta posteriormente na Cidade da Cultura de Santiago e o Instituto Cervantes de París.

En decembro de 2017 abre a galería Nordés en Santiago de Compostela que dirixe na actualidade, e dende marzo de 2019 é ademais a presidenta de “Contemporánea” (Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia).

Jaime Pena

Bio

Jaime Pena é doutor en Historia da Arte e programador dende 1992 do Centro Galego de Artes da Imaxe, a filmoteca de Galicia. É membro do Consello de Redacción da publicación mensual Caimán Cuadernos del Cine (anteriormente Cahiers du Cinéma España) e colaborador regular da revista arxentina El Amante, ademais doutras moitas publicacións cinematográficas, tanto nacionais coma internacionais (Sight & Sound, Cinema Scope, entre outras), ademais de asesor de Programación do Bafici (Bos Aires Festival Internacional de Cine Independente). Autor de El espíritu de la colmena (Paidós, 2004), premio da Asociación Española de Historiadores do Cine á mellor monografía do ano, e, xunto a Xosé Luís Castro de Paz, Ramón Torrado, cine de consumo no franquismo (CGAI, 1993) e Cine español. Otro trayecto histórico(IVAC, 2005).

Coordinou e participou en numerosos volumes e monografías e colaborou tamén en distintas publicacións sobre cine español, tales coma o Diccionario del cine español(Alianza Editorial/Academia das Artes e Ciencias cinematográficas de España), Diccionario de cine iberoamericano: España, Portugal y América (SGAE) o Antología crítica del cine español(Cátedra/Filmoteca Española).

Olaia Sendón

Bio

Olaia Sendón Ogando profesora, directora e artista nada en Ourense no 1978, é Licenciada en Comunicación Audiovisual pola UAB e profesora na Escola de Imaxe e Son da Coruña.

É autora de documentais e pezas de videoarte presentes en diferentes concursos e Festivais coma a obra Nonenal, dentro do proxecto Se aluga futuro 2019, Fisterra carne de safari (2017), Mice dentro da selección feita por Anxela Caramés, ou #1 #2, peza para o filme colaborativo Visións,dentro do proxecto Cinema e Muller (2016) que estivo presente en importantes festivais coma o Zinebi, Play Doc, ou [S8] Mostra de cinema periférico da Coruña. Outros traballos serían Kauflanders (2016) presente no festival de cine de Málaga, ou Míjau (2014).

Ten participado en numerosos eventos e a súa obra estivo presente e foi galardoada en en diferentes partes do mundo coma Stigmart Video Focus; Curtmetratges Gandules (CCCB); Kauflan: Proyector (2014); Embarrat (2014); Se Alquila/Estado; Petites Superfícies; Proxecto para Dispostivos Post; Kaufland Mo; VIII Premio Auditorio Novos Artistas (2014); Pequenas Superficies (instalación); Mostra Internacional Gas Fenosa; Kaldarte (2012); Catálogo de Galaxias Sociais Vídeo do disco Kosmogonías de Berrogüetto; Os fabulosos irmáns da luz Festival de Cine de Málaga; SH contemporary, Shanghai; A casa de Lola de Andrés (2007); Sección oficial Festival de Cine de Málaga; Sección oficial Alcances; Sección oficial OUFF.