Encontros con artistas

Encontros con artistas

Os encontros con artistas nacen para xerar un espazo alternativo ao dos coloquios, no que o público teña acceso ás artistas nun contexto menos formal e máis privado. Tamén están enfocados ao diálogo entre creadoras, axentes e público, momentos de encontro distendido que incite ao coloquio e que favorezan sinerxías que contribúan a reforzar a industria cultural.