Encontro con creadoras croatas

Encontro con creadoras croatas

Este ciclo dedicado á arte audiovisual croata nace da colaboración entre INTERSECCIÓN e o HAVC (Centro Audiovisual Croata). Está composto por catro sesións comisariadas específicamente para o festival por Branka Benčić e inclúe máis de 20 pezas. Neste encontro están presentes Branka Benčić; as artistas Igor Grubić, Renata Poljak e Ana Hušman; os representantes do HAVC Irena Jelić, Directora do departamento de Promoción e Christopher Peter Marcich, Director do centro, así como a Embaixadora de Croacia en España, Nives Malenica. No encontro pretende transmitir o espírito do ciclo de primeira man ao través da súa comisaria e os artistas, así como o traballo que o HAVC desenvolve na promoción da creación croata.

Interseccion - logo HaVC